En marzo de 2019, os e as participantes do Obradoiro de cancións con Tato Lopez desenvolveron a súa faceta musical dende o poder da palabra para crear as súas propias cancións.

 

O obxectivo era claro: escribir unha letra, compoñer unha melodía e unha armonía, cantar e tocar a música, e gravala para a súa difusión online. Repasamos a historia universal da canción, estructuras e ritmos. A poesía e a palabra foron chave para indagar na expresión das emocións propias, así como o traballo de exploración das paisaxes musicais.

 

En só 5 sesións, titoradas ademáis durante 5 semanas cunha prataforma pedagóxica online adicada ao curso, os e as participantes, todas e todos simples aficionados á poesía e á música, lograron con éxito producir as pezas delicadas que se presentan neste primeiro álbum do proxecto.